Proba algo diferente. Ven a In Fene
Se tes entre 12 e 14 anos e queres pasar as tardes dos venres dun xeito divertido e grupal, participa en In Fene.
As actividades comezarán este venres, reunirémonos o 2º e o 4º venres de cada mes, na AVV de Perlío de 19.15 h a 20.15 h.
In Fene créase co obxectivo de ofrecer a mocidade unha serie de actividades de lecer para as tardes dos venres nun intento de que os participantes pasen un momento agradábel e divertido coa súa xente e con outras mozas e mozos.
Máis Información:
Centro Municipal de Servizos Sociais
Av. do Mar Bloque 1. Baixo
15500 – San Valentín (Fene)
Telf.: 981 34 26 07 – 981 49 27 06











