Primavera das Letras: Abril, mes do libro e da lectura
O mes de abril estará dedicado a estender as letras a todos. Organizaranse diferentes actividades de promoción do libro e da lectura que teñen como obxectivo aproximar este equipamento, a toda a poboación, e de xeito especial nas redes sociais e na web, para facilitar o acceso aos recursos e equipamentos dispoñibles. TES M@IS BIBLIOTECA
– Programa de visitas escolares á biblioteca municipal e das persoas participantes no programa de actividades municipais.
– Solicitude web, a través da páxina web municipal: ferramenta inscrición
– Creación e promoción do perfil na rede social de Facebook e twiter
– Actividades de dinamización lingüística e animación á lectura para o alumnado da ESO: obradoiros
– Actividades e obradoiros de animación á lectura para a poboación infantil
Semana do libro, do 22 ó 26 de abril
– Martes 23, pola mañán visita ós centros educativos para facer entrega de un libro a cada cativo/a escolarizado nos centros educativos de Cerceda; e pola tarde farase a presentación dos traballos das persoas participantes no obradoiro de memoria e alfabetización de persoas adultas con motivo do Día do libro
– Venres 26, contacontos con merendas na biblioteca de A Silva
– Sábado 27, contacontos con merendas na biblioteca de Cerceda