Presentacion protocolo municipal contra a violencia de xénero

Presentación do Protocolo
Onte ás 12h no Salón de Plenos do Concello presentouse en Dodro o Protocolo Municipal contra a violencia de xénero coa presenza da Secretaria xeral da igualdade, Susana López Abella, os alcaldes e as concelleiras das áreas de igualdade dos concellos de Padrón e Rois.
No acto tamén estiveron presentes o persoal que colaborou na elaboración de este protocolo, persoal técnico implicado no tratamento e atención ás vítimas, da sanidade, da seguridade do estado, de protección civil, da administración de xustiza, dos centros educativos e dos servizos sociais do Concello.
Abriu o acto a Concelleira de servizos sociais e igualdade, Marisol Boga Grela, que reivindicou os dereitos das mulleres recordando que hai que seguir avanzando para conseguir a igualdade entre homes e mulleres e erradicar a discriminación e a violencia de xénero. Enumerou os programas específicos que o Concello leva a cabo ao longo do ano dirixidos á educación en valores, conciliación e formación, prevención e sensibilización da violencia de xénero.
Presentou o protocolo como “unha ferramenta moi importante para dar unha resposta eficaz ante casos de violencia machista”, rematando que o concello ten a intención de seguir traballando nesta liña para que algún día por fin se logren os estes obxectivos.
A Secretaria xeral de igualdade na súa intervención alabou a iniciativa do concello coa elaboración do protocolo, animándoos a traballar nesta liña e recalcou a necesidade de seguir traballando para lograr unha sociedade de benestar onde non ten cabida a violencia de xénero.
Pechou o acto o alcalde de Dodro, Valentin Alfonsín Somoza quen agradeceu o bo traballo desenrolado a todas as persoas que colaboraron na elaboración do protocolo.
Destacou que con este protocolo a mensaxe é que “estamos preparados e coordinados para enfrontarnos a quenes exercen a Violencia contra as mulleres”, que contra a violencia de xénero permisividade cero, e contundencia máxima e que cada caso de violencia de xénero é un fracaso da nosa sociedade.