Presentación da I Marcha BTT Concello de Rianxo
A presentación da I MARCHA BTT CONCELLO DE RIANXO correu a cargo de Joaquín Domínguez Salgado, Concelleiro de Deporte e Saúde do Concello de Rianxo e de José Ramón Castelo, Presidente do club P.C. Castro Barbudo.
Data e programa
A Marcha Cicloturista Concello de Rianxo celebrase o vindeiro 7 de abril, domingo, en horario de mañá. O programa é o seguinte:
– 8:45 h. Recollida de dorsais
– 9:30 h. Saída das marchas do Porto de Rianxo
– 13:30 h.Hora estimada da chegada.
Organización
A marcha está organizada polo club Peña Cicloturista Castro Barbudo, coa colaboración do Concello de Rianxo. A P.C. Castro Barbudo fundouse no ano 1997, tendo como principal motivación a promoción da actividades relacionadas coa bicicleta e o ciclismo, e organiza entre o outras actividade a Subida ao Castro Barbudo, que xa vai pola súa XII edición.
Obxectivos
O obxectivo desta proba é a promoción do cicloturismo en Rianxo, ao tempo que serve de escaparate ao noso pobo e ás súas posibilidades
como recurso turístico, deportivo e recreativo. A proba pretende ser accesible a calquera tipo de afeccionado ao ciclismo, desde o principiante ata o mais experimentado, para o cal a marcha contará con tres rutas con distancias e niveis de dificultade distintos: Iniciación (25 km.), Marcha (45 km.) e Maratón (60 km). Os ciclistas deberán ser maiores de 18 anos ou maiores de 15 con autorización e está aberto a federados e non federados.
Inscricións
Está limitada a de 500 participantes, tendo nestes momentos formalizadas 340 inscricións, o que xa supón un grande éxito de convocatoria para tratarse da primeira edición. Está confirmada incluso a participación de ciclistas de Portugal. A data límite para apuntarse é o 2 de abril e para facelo hai que seguir as instrucións da páxina web da entidade (www.castrobarbudo.com). Nesa mesma páxina está o regulamento da proba, perfiles das rutas, percorrido e demais información sobre a mesma.
Rutas
A saída da proba está organizada no porto de Rianxo, onde se prestarán os servizos e atencións aos participantes e se derá a saída. A partires de aí, farase un percorrido neutralizado polas rúas de Rianxo e en Tanxil xa comezarán as rutas mencionadas. As duás primeiras rutas (INICIACIÓN e MARCHA) discorren integramente por terras do Concello de Rianxo, percorrendo os montes e camiños de tódalas parroquias do Concello. A MARATÓN, sae do concello e percorre tamén terras de Dodro e Lousame.
Servizos
A organización da proba vaise centralizar no porto de Rianxo. Alí, os participantes disporán de:
1. Zona de aparcamento
2. Puntos de lavado de bicicletas
3. Local de recollida de dorsais e entrega de premios
4. Duchas para os participantes.
A maiores, haberá dous puntos de avituallamento ao longo das rutas











