“Preparad@s, list@s…xa!”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanasLocal
A-
A+

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Cabanas ten previsto levar a cabo durante o tempo da Semana Santa a actividade “Preparad@s, list@s…xa!”, dentro do marco do programa municipal para a promoción da igualdade “Cabanas Concilia”. Búscase coa mesma facilitar a conciliación persoal e laboral das familias con fillos na etapa de educación infantil e primaria, con idades comprendidas entre os tres e os doce anos.

A actividade terá lugar os días 25, 26 e 27 de marzo e o 1 de abril na Escola Laica de Cabanas. A actividade principal terá lugar entre as 11:00 e as 13:00 horas, pero haberá monitorado dende as 10:00 e ata as 14:00 horas para facilitar a participación na mesma. O prazo de inscrición para poder tomar parte nesta actividade, que será gratuíta, rematará o día 21 de marzo.

O que se pretende e que dun xeito atractivo e motivador para os nenos e nenas se leven a cabo xogos con números, letras e adiviñanzas para non perder o fío do curso nas vacacións de Semana Santa. Realizaranse xogos de atención e concentración e xogarase coa imaxinación e a creatividade. Ó mesmo tempo farase un repaso dalgunhas cousas aprendidas durante o que vai de curso na escola, así como doutras moitas novas.

As persoas que estivesen interesadas en participar ou recadar máis información acerca desta actividade poderano facer nos Servizos Sociais de Cabanas ou ben chamando ó teléfono 981 49 59 59.

15 de marzo de 2013 | 19:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.