Premios Maruja Gutierrez 2013 en Lalín

Homenaxeadas xunto ao alcalde José Crespo
O alcalde de Lalín, José Crespo e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, foron os encargados de entregar os galardóns ás premiadas deste ano: a Esther Mª Blanco Souto, de “Autocares Presas” e primeira muller condutora de autobuses en Galicia hai xa 16 anos; a Ángela García dle Cueto, por nova empresaria, ao poñer en marcha “Los Dulces de Ángela”, empresa de repostería que sirve por encarga e fai doces personalizados como as galletas do pin do porquiño; a María Rosario León Benítez de “Navaza pastelería-bombonería”, polos seus 50 anos de dedicación á profesión, e a Ana Belén García González, delegada da asociación do Pobo Saharauí en Lalín-Deza, por facer posible que cada ano veñan neniños a pasar os verán nesta comarca.
Abriu o acto a concelleira de Comercio, María José Batán e fixo de condutora a responsable municipal de Igualdade, Paz Pérez. O acto, no que participou tamén o tenente-alcalde Román Rodríguez, contou con notable afluencia de público.
As galardoadas recibiron cadansúa placa de cristal cunha silueta dunha cara de muller e un ramo de flores.











