publicidade hoxe

Ponteceso inaugura sede electrónica municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPonteceso
A-
A+

o vindeiro martes 26 de marzo de 2013, o Concello de Ponteceso incorpora á súa web a Sede Electrónica Municipal. Dende ela, os veciños e veciñas do Concello de Ponteceso poderán realizar numerosos trámites, sen ter que acudir ao rexistro do Concello, ou ás oficinas administrativas:

– Poderán iniciar calqueira tipo de expediente.

– Rexistrar documentos.

– Emitir volantes de empadronamento con total validez, etc.

Valoramos moi positiva a posta en marcha deste servizo que, estando en posesión dun dni electrónico con pin, ou un certificado dixital emitido pola Fábrica de moeda e timbre, poderá atender peticións dos veciños sen restrinción de horarios nin días. Aberta 24 horas ao día 365 días no ano.

Dende o Concello programaranse distintas xornadas formativas para divulgar e facilitar o uso da sede a cal se pode acceder dende: http://sede.ponteceso.es ou dende www.ponteceso.net

25 de marzo de 2013 | 13:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.