Ourense renova o servizo de préstamo de bicicletas con novas unidades e itinerarios
Co inicio da primavera, a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense inicia unha campaña de promoción do servizo de préstamo de bicicletas. O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, e a concelleira Susana Bayo presentaron esta mañá esta iniciativa, que, ante a previsible chegada do bo tempo, pretende fomentar en Ourense o uso deste medio de transporte que proporciona unha mobilidade máis sostible e saudable.
Con esta finalidade, o Concello vén de renovar a flota de bicicletas do servizo municipal, incorporando 19 novas unidades. En total, 80 bicicletas están a diario ubicadas nos 10 puntos de préstamo. Cincuenta foron obxecto de reparación e mellora (novo pintado, axuste mecánico e luz LED). Todas incorporan a nova imaxe corporativa deste servizo municipal: BICIOURENSE.
Tódolos ourensáns poden converterse en usuarios de BICIOURENSE, dándose de alta por un importe de 5,30 euros ao ano, na Concellería de Medio Ambiente e na Oficina de Atención ao Cidadán, ambas na Praza de San Martiño, realizando previamente o pago da taxa.
Máis de 4.000 usuarios
O servizo municipal, posto en marcha en setembro de 2007, suma un total de 4.191 usuarios. Neste período lévanse realizado un total de
22.740 préstamos.
Naceu como froito dun convenio de colaboración entre o Concello de Ourense e o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) para promover e
potenciar o uso da bicicleta como medio de transporte urbano.
Tras iniciar o seu funcionamento con 5 puntos de préstamo, en 2011 ampliouse aos 10 que existen na actualidade: A Chavasqueira, Praza da Mariña, Oira, Os Remedios, Universidade, San Lázaro, Praza do Couto, Alameda, Avenida de Zamora e Complexo Hospitalario de Ourense.
O servizo está activo tódolos días, de 8 a20 horas en horario de inverno. Dende o día 1 de abril iniciará o horario de verán, ampliando o seu
funcionamento, que será de 8 a 22 horas.
Rutas ecolóxicas pola cidade
A Concellería de Medio Ambiente vén de editar un díptico que propón rutas ecolóxicas a pé ou en bici para moverse pola cidade desfrutando dunha mobilidade sostible. As rutas propoñen itinerarios para chegar a todo tipo de puntos de intereses na cidade (turístico, administrativo, sanitario, de lecer, etc), e dá exemplos do aforro que estes medios de transporte constitúen fronte ao coche particular, en termos de distancia, tempo, consumo…, xunto con recomendacións para circular en bicicleta.
O folleto está editado polo Concello coa colaboración de Bilurico Bike, alquiler de bicicletas, Xeitura, Xestión Integral do Patrimonio Cultural e MOBI-LIZA, Asociación por unha mobilidade responsable.
O Concello vén de editar tamén outros materiais divulgativos, que lembran que unha persoa que use a bicicleta en lugar do coche particular, todos os días en catro traxectos de2,5 km, conseguiría por traxecto:
– Aforrar180 litrosde combustible ao ano
– Reducir a emisión de 495 kg/ano de CO2
– Reducir o risco de accidente nun 98%
– Reducir o 92% do espazo público que utiliza o vehículo particular
– Mellorar a súa saúde.











