Ourense convoca á Comisión cidadá para o estudio de solucións contra os desafiuzamentos
O Pleno do Concello acordou, na súa sesión do día 7 de decembro a constitución dunha comisión cidadá para recoller propostas relacionadas coa problemática dos desafiuzamentos na cidade de Ourense.
En cumprimento deste acordo o alcalde de Ourense, Agustín Fernández, convocou unha reunión constitutiva da devantita comisión, que terá lugar hoxe ás 19.00h no Centro Cívico da rúa Colón.
O Concello de Ourense, non é alleo á situación que se está a producir por mor de familias que poden perder as súas vivendas por unha execución hipotecaria que pode provocar a perda do inmoble no que residen. Esta perda leva consigo a perda doutros dereitos que impide ás persoas que o sofren, realizarse personal e profesionalmente e condea á exclusión social . Neste senso, o Concello quere unir ás forzas institucionais, organizacións e axentes sociais, sumando esforzos, promovendo un cambio na lexislación hipotecaria e paralizar todos os procedementos en curso que afecten á vivenda habitual en caso de insolvencia sobrevenida.
Á reunión constitutiva asistirán ao redor de 25 persoas, entre elas representantes do Complexo Hospitalario de Ourense, o Colexio de Médicos, arquitectos, abogados, psicólogos, a Cruz Vermella, colectivos e asocicións sociais e culturais, representantes da pltaforma Stop Deshaucios, responsables das principais entidades financieiras e os voceiros dos grupos municipais do PSOE, BNG, PP e Democracia Ourensá.
O compromiso do Concello para non realizar desafiuzamentos de persoas sen recursos
No pasado mes de novembro, o alcalde de Ourense, Agustín Fernández, acadou un compromiso coas entidades financieiras de maior presencia na cidade Novagalicia Banco, BBVA, Santander Central Hispano, Banco Popular, Banco Gallego e Banco Caixa Xeral) para non realizar desafiuzamentos de persoas sen recursos como consecuencia da crise. O alcalde trasladou en nome do Concello a solicitude de sensibilidade ante o gravísimo problema social que están a vivir numerosas familias no noso país, como consecuencia da crise económica, que está a deixar na rúa, privando do seu ben máis preciado, aos cidadáns con escasos recursos económicos.
De producirse casos extraordinarios que puideran facer precisa dita medida, os bancos comunicarán a situación ao Concello, con vistas a estudar cantas fórmulas sexan posibles que eviten que se consume o desafiuzamento.
Entre as iniciativas plantexadas estaría a elaboración dun Plan personalizado de Impostos, que tería por obxecto facilitar á persoa afectada o pago dos impostos que debe ao Concello mediante fraccionamento ou aprazamento.











