Ourense concede licenza ao Sergas para a ampliación do Complexo Hospitalario
A Xunta de Goberno Local concedeu, na súa xuntanza desta mañá, licenza de obra para as edificacións e construcións relativas á Fase I do Complexo Hospitalario de Ourense, sito no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, consoante ao proxecto redactado pola UTE AIDHOS ARQUITEC, S.A.P e G.O.C, cun orzamento de execución material de 40,2 millóns de euros, dacordo co expediente de licitación das obras de ampliación e modernización do Complexo Hospitalario, ás que destinará 58 millóns de euros, e que será publicado no DOG para a apertura do prazo para a presentación das ofertas económicas.
Neste caso, o Concello de Ourense, en aras do interese público, e toda vez que se trata de permitir a execución dun proxecto estratéxico para a cidade, e implica a contrución dunha dotación pública de interese xeral supramunicipal, comprométese a executar as obras de urbanización, de cara a garantir a correcta execución do proxecto. O seu custe repercutirá na Xunta de Compensación, que está obrigada legalmente a facerse cargo do seu custe, un orzamento de 592.402,65 euros.
A licenza está, así mesmo, sometida a unha serie de condicións. En primeiro lugar, condiciónase ao pagamento das taxas por licenzas urbanísticas por importe de 483.305,69 euros. En segundo lugar, á presentación do compromiso do artigo 41 do regulamento de Xestión Urbanística e parellamente, o Concello non permitirá a ocupación dos edificios ata que non estea realizada totalmente a urbanización que afecte a ditos inmobles e estean en condición de funcionamento os suministros de auga, enerxía eléctrica e as redes de sumidoiros.
A concesión da presente licenza segue o procedemento especificado na normativa urbanística para “proxectos singulares e estratéxicos” na que se indica que, debendo cumprir as propostas os límites de edificabilidade, aproveitamento lucrativo, habitabilidade, accesibilidade, protección de incendios, ruídos e demáis normas básicas de edificación e sectoriais obrigatorias, seguen un trámite especial. O procedemento esixe a realización dun informe técnico visado por tres aquitectos, que debe ser remitido ó servizo xurídico e este debe darlle conta á correspondente Xunta de Área, para o seu coñecemento e emisión de dictame preceptivo. Seguindo este procedemento, o servicio xurídico do Concello deu traslado do infome, sendo a proposta do grupo de goberno aprobada pola Xunta de Área de Urbanismo celebrada o día 26 de marzo de 2013.
Nesta Xunta de Área a proposta contou co voto favorable de PSOE, BNG e PP e abstención de Democracia Ourensana.
O Concello persoarase nunha serie de procedementos abreviados en materia de persoal
Na mesma sesión, a Xunta de Goberno Local acordou o persoamento do Concello no Xulgado do Social e no Xulgado do Contencioso Administrativo en materia de persoal, polas denuncias formuladas pola Unión Sindicalista Obrera e o Avogado do Estado.
Reclamacións patrimoniais
Así mesmo, o Concello desestima dous novos expedientes por responsabilidade patrimonial derivadas da nulidade do Plan Xeral de Ordeación Urbana de 2003 e arquiva outro.
Os dous expedientes desestimados reclamaban, dunha banda 4.696 euros na AR 26 E, na rúa Saínza, solicitada por D. J Gómez Quintas; e doutra banda a solicitada por Promociones Ribe en Vistahermosa, por importe de 20.724,20 euros, solicitados. Así mesmo, arquívase un novo expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial instada pola mercantil Golpellás SL, polos supostos danos e perdas derivados da anulación do Plan Xeral e que solicitaban do Concello 156.142,04 euros en concepto de dano emerxente e lucro cesante. Este último expediente arquívase pola falta de capacidade de representación do letrado que insta á demanda que non ten subsanadas as deficiencias técnicas á hora de formular a reclamación.











