Ourense avanza na adxudicación do servizo de xestión dos residuos voluminosos
A adxudicación do servizo de xestión dos residuos voluminosos de orixe doméstica que se xeneran na cidade deu un paso adiante esta mañá coa aprobación, por parte da Xunta de Goberno Local, da ordenación das ofertas das dúas empresas que se presentaron á convocatoria realizada polo Concello. Recibidas as propostas, e realizadas as valoraciones económica (90 puntos) e técnica (10 puntos), segundo o previsto no prego do concurso, a mellor oferta é a de UTRAMIC S.L., con 92 puntos, por 87,55 de ESCOR, S.L.
No mesmo acordo, o Concello require a UTRAMIC a que no prazo de dez días hábiles a contar dende o seguinte a aquel no que reciba o requirimento achegue os
documentos acreditativos de estar ao corrente das súas obrigas tributarias e da Seguridade Social e de constituír a garantía definitiva por un importe 2.585,63 €, correspondente ao 5% do importe de adxudicación, IVE excluído.
O contrato terá unha duración dun ano e poderá prorrogarse de mutuo acordo por un ano máis. O orzamento de licitación do contrato é de 71.321,25 euros/ano IVE incluído. A partir dos datos de anos precedentes, está prevista unha cantidade a entregar ao adxudicatario dunhas 525 toneladas de residuos ao ano.
Na actualidade, o Concello entrega estes residuos a un xestor autorizado a través da empresa concesionaria do servizo de limpeza e recollida de lixo, ECOURENSE UTE, e que supón a xestión de 525 toneladas de residuos de orixe doméstica, das seguintes fraccións: madeira (mobles, caixas, etc.), metais férricos e non férricos, residuos eléctricos e electrónicos das denominadas “liña branca” (lavadoras, frigoríficos, etc.), “liña marrón” (televisores, vídeos, etc.) e “liña gris” (ordenadores, impresoras, etc.)
A nova adxudicataria deberá realizar a recepción, clasificación e entrega a un xestor autorizado ou a un reciclador da fracción de voluminosos que lle serán entregados, procedentes dos distintos puntos limpos de Ourense.
A empresa deberá estar autorizada como xestor de residuos e realizar a separación mecánica e xestión das fraccións existentes nos voluminosos de madeira, residuos de aparatos eléctricos e electrónicos, chatarra e mezclas non valorizables.
Igualdade
Na mesma sesión, a Xunta de Goberno Local aprobou a sinatura dun convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Igualdade e o Concello de Ourense para o mantemento da Casa de acollida, de titulariedade municipal, que presta atención a mulleres vítimas de violencia. Un servizo incluido na rede autonómica de centros de atención ás mulleres.
Con este convenio, a Xunta achegará 46.000 euros en concepto de colaboración da Administración Autonómica cos gastos que supón ao Concello prestar este servizo integral de atención, emerxencia, apoio e acollida as mulleres vitimas de violencia de xénero dándolles aloxamento de forma temporal e con carácter de urxencia ás mulleres e ás súas fillas e fillos.











