Ourense aproba o proxecto de rehabilitación e adaptación do contorno do edificio Santo Anxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+

O Concello de Ourense aprobou, na Xunta de Goberno Local, o proxecto de rehabilitación e adaptación do contorno do edificio Santo Ánxel, que se desenvolevará en 4 fases:

Fase I: Proxecto de obras na rúa do Ensino.

Fase II: Anteproxecto de obras na rúa Vila Real

Fase III: Anteproxecto de obras na rúa Goya.

Fase IV: Anteproxecto de obras no interior do quinteiro “Parque Malingre”.

A área de intervención deste proxecto sitúase no barrio do Couto e comprende as rúas Ervedelo, Vila Real e Ensino, así coma o patio que se atopa entre o edificio Santo Anxo e a avenida de Portugal e comprende unha superficie total de 3.800 m2.

Actualmente, o patio situado entre a avenida de Potugal e o edificio Santo Anxo aparece coma un espazo degradado e difícilmente accesible, e os dous accesos principais están limitados por escaleiras.

O proxecto propón a posta en valor de dous inmobles: o conxunto edificado do Santo Anxo, obra do arquitecto Daniel Vázquez-Gulías, situado na rúa Ervedelo s-/n e o edificio da Fundación Villanueva, que foi rehabilitado coma centro de servizos municipal. Mediante a intervención e adaptación dos espazos públicos que o rodean, se acada unha imaxe homoxénea do conxunto, unha mellora na calidade do espazo público e unha área máis accesible ao tráfico, tanto rodado coma de peóns.

As intervencións propostas comprenden 4 puntos fundamentais:

-Pavimentación e peatonalización parcial do eixe principal dos dous inmobles, correspondente coa rúa do Ensino e a praza da Fundación Villanueva, que se ampliará á rúa Goya e ao vial de unión coa rúa Dalí.

-Pavimentación da rúa Ervedelo ao seu paso polo fronte do edificio Santo Anxo.

-Cambio de sección na rúa Vila Real, mellorando os espazos peonís e a organización dos aparcadoiros

-Recuperación do espazo axardinado situado entre o edificio Santo Anxo e a Avenida de Portugal, solucionando os seus problemas de accesibilidade e conectividade coas vías perimetrais.

Así mesmo, a solución adoptada inclúe a proposta de peatonalización do eixo principal constituído pola rúa do Ensino, que se fará de xeito parcial e progresivo. O espazo resultante dividirase en catro franxas lonxitudinais, as centrais destinadas a vehículos e unha máis estreita con pavimento de adoquín, que se empregará coma zona de aparcadoiro: e as laterais para peóns, separados por unha diferencia de cota de 6 cm, podendo convertirse a medio- longo prazo en peonil.

Na rúa Vilareal realízase unha modificación de sección. Mantéñense os tres carrís de tráfico rodado, auméntase a dimensión das beirarrúas e reordéanse as áreas de aparcadoiro.  Parellamente, sustitúese o muro exterior de pedra da parcela do Santo Anxo por un cerrume máis lixeiro que permita a visión da fachado oeste do edificio dende o exterior.

Coa creación dunha nova praza axardinada, organizada en diferentes plataformas elevadas en base ás mellores condicións de soleamento e totalmente accesibles entre sí e a mellora dos accesos, se propón a apertura dun pasadizo de conexión coa vía Vila Real, creando un percorrido accesible ás rampas e espazos de esparellemento.

Con respecto ao edificio da Fundación Malingre, presente no barrio do Couto dende 1896 e ata o ano 1979, funcionando coma axente dinamizador da zona durante este tempo, fai que o novo parque sexa denominado “Parque Malingre”. En torno á antiga cheminea créanse unha serie de plataformas adaptadas aos diferentes tipos de usuarios (preescolar, infantil e xuvenil) que integran os diferentes usos con ramplas e espazos verdes.

Na plataforma final sitúase unha cuberta lixeira que funcionará coma un pequeno auditorio exterior que favorecerá a realización de actividades ao ar libre.

A renovación da rede de saneamento, a mellora da rede de distribución de gas, partindo da xa existente, e o cambio da iluminación por unha instalación lumínica de baixo consumo, únense á renovación de mobiliario urbano, axarnadinamento e mellora da sinaléctica da área de intervención, e completando o proxecto de rehabilitación e adaptación do contorno na súa primeira fase, cun orzamento total de 880.000 euros

25 de marzo de 2013 | 12:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.