Ourense anima aos mozos a mellorar os seus coñecementos culinarios con 4 obradoiros de cociña
As Concellerías de Xuventude e Participación Cidadá do Concello de Ourense, dentro dos seus obxectivos de fomentar a formación dos mozos e mozas, poñen en marcha catro obradoiros de cociña dirixidos a aqueles ourensáns que teñan entre 15 e 35 anos.
Os obradoiros realizaranse en diferentes locais veciñais, para parellamente dar a coñecer e promocionar o tecido asociativo da cidade, pondo en valor o labor que desempeñan e compartilo co resto da cidadanía.
O prazo de inscripción estará aberto dende mañá, 12 de marzo, nas dependencias da Concellería ou no teléfono 988 388 154. Os cursos darán comezo o 20 de marzo no local da AV Arranxar cunha cata de queixos. O programa completo é o seguinte:
– Cata de queixos: 20-22 de marzo (9 horas) de 19.00h a 22.00h na AV Arranxar (Praza da Muiñeira nº2). O curso é de balde.
– Cata de viños: Todos os xoves, dende o xoves 4 de abril, ata o xoves 9 de maio, de 19.00h a 22.00, na AV Casco Vello, na rúa da Liberdade nº 21. Este curso terá un custe de 10,70 euros.
– Cociña Internacional: os venres de mes de abril e o primeiro de maio de 19.00 a 22.00h e os cursos serán impartidos de balde.
>Cociña china: venres, 5 de abril, na AV Arranxar
>Cociña mexicana, venres 12 de abril na AV Carlasca (rúa Castelo Ramiro,1)
>Cociña italiana, venres 19 de abril na AV Casco Vello, rúa liberdade 21
>Cociña portuguesa, venres 26 de abril, na AV Casco Vello
>Cociña xaponesa, o venres 3 de maio na AV Carlasca
– Curso de repostería durante o mes de maio, cun custe de 10,70 euros, e impartirase na AV Casco Vello o mércores e xoves 8-9 de maio, o mércores día 15, o mércores 22 e o xoves 23 de maio.
No caso de que quedasen prazas baleiras poderán inscribirse os maiores de 35 anos.
Todos os interesados e interesadas poden solicitar máis información e inscribirse nas dependencias da Oficina de Información Xuvenil do Concello, sita na praza de San Martiño nº2 baixo dereita ou ben no teléfono 988 388 154.











