Os veciños xa poden solicitar cita previa para realizar a inspección da ITV en Cedeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeiraLocal
A-
A+

Os veciños e veciñas de Cedeira propietarios de turismos xa poden solicitar cita previa para realizar a revisión periódica dos seus vehículos na propia vila, evitando así ter que desprazarse ata Ferrol. Tan só deben chamar ao teléfono 881 920 977 ou entrar na páxina web www.sycity.com (apartado cita previa) e concretar o horario. A medida é posible grazas ás xestións do Concello, que solicitou á ITV que desprazara unha das súas unidades móbiles a Cedeira para facilitar as inspeccións. Sobre a base desta relación de colaboración, os veciños xa puideron acceder ao servizo o pasado mes de xaneiro.

A próxima visita terá lugar o 30 de abril e o 2 de maio. Situarase no Camiño Real da Madalena, fronte aos restaurantes da Revolta e O Areal. Un espazo de doado acceso e gran mobilidade situado en pleno paseo marítimo da vila. Na xornada do 30 de abril, o horario será de mañá e tarde (de 9 a 13,30 horas e de 15,15 a 18 horas), mentres que o 2 de maio, se limitará á mañá, de 9 a 13,30 horas.

Así mesmo, dende o Concello infórmase de que a citada unidade móbil regresará á vila no mes de setembro. Os vehículos que poderán beneficiarse da medida serán aqueles con masa menor ou igual a 3.500 quilogramos. Isto é, turismos, quads e coches que non precisan carné para a súa condución. Precisamente, a medida será especialmente vantaxosa para estes últimos.

27 de marzo de 2013 | 17:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.