Os supermercados das Carolinas e o Concello eliminarán a venda ambulante de coches

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

Os dous supermercados emprazados na zona das Carolinas están completamente dispostos a colaborar co Concello para eliminar dos seus respectivos aparcamentos públicos a venta ambulante de coches por parte de terceiros. Despois da reunión que mantivo a semana pasada o alcalde, Tomás Fole, co xerente de inmobles do Lidl, o rexedor recibiu hoxe ao representante do Día que tamén puxo de manifesto o interese da súa empresa de poñer fin a unha práctica irregular que ocasiona as queixas da clientela do supermercado polas prazas de estacionamento que ocupan de xeito continuo vehículos con carteis de “se vende”.

En vista da boa disposición de ámbolos dous supermercados e do interese que eles tamén teñen por liberar os seus aparcamentos deste sistema pouco ortodoxo de venta ambulante de vehículos, despois de Semana Santa celebrarase unha reunión a tres bandas para determinar que tipo de actuacións se poñen en marcha e o procedemento a seguir.

Asesoramento xurídico e legal

Tanto os supermercados como o Concello asesoraranse xurídica e legalmente para que as medidas a adoptar cumpran as garantías de legalidade xa que o baleiro legal existente ao respecto, así como as peculiares características desta práctica presenta dúbidas que é preciso aclarar. Entre estas, o ámbito de actuación da Policía en un aparcamento de uso público pero de titularidade privada, si procede retirar un vehículo que está ben estacionado ou só se pode sancionar, ou ver como actuar si o coche non se move do mesmo sitio nun determinado número de días. Tamén se estudiarán outras posibilidades como contactar cos supostos vendedores a través dos números de teléfono que constan nos carteis dos coches para instalos a retiralos, identificalos e comprobar si contan cos permisos para exercer a venta ambulante e mesmo instalar unha especie de mamparas que tapen a visión e exhibición dos vehículos e que, polo tanto, actúen como elemento disuasorio.

22 de marzo de 2013 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.