Os nedenses entregaron 215 quilos de roupa
A veciñanza de Neda acolleu moi positivamente a posta en funcionamento dos contenedores de reciclaxe de roupa usada ubicados no centro urbano. Así, no primeiro mes dende a súa instalación, os nedenses depositaron máis de 200 quilos de prendas e calzado nos dous contenedores habilitados para tal fin. A concelleira de Facenda e Patrimonio, Montse Rico, lembrou que o novo mobiliario urbano está instalado no entorno do centro de saúde e nas inmediacións do colexio San Isidro, dúas zonas de gran afluencia diaria de persoas.
Cada un ten capacidade para uns 200 quilogramos e os días de recollida son martes e xoves. Nesta liña, Montse Rico anima á veciñanza a empregar os contenedores e, en caso de calquer dúbida ou incidencia, lembra que a cidadanía ten á súa disposición o número 687 409 667. A empresa encargada da recollida está obrigada a subsanala no prazo máximo de 24 horas.
A roupa usada trasládase a unha nave de almacenaxe en Lugo e, con posterioridade, sométese a un proceso de valorización. Transfórmase en trapos de limpeza, recheos para colchóns, sofás, asentos de vehículos… Dándoselle un novo uso. Por último, a concelleira explicou que, amáis de favorecer a reciclaxe, a instalación dos contenedores traerá consigo un ingreso para as arcas lo-cais. En concreto, 180 euros anuais por cada contenedor, 360 en total.
Doutra banda, o Concello de Neda deu a coñecer esta mañá o balance de actividade do servizo de Punto Limpo no mes de febreiro e avanzou que os veciños e veciñas da localidade fixeron entrega de 117 quilos de residuos. As instalacións están ubicadas na Estrada de Castela, xunto ao cemiterio de Ferrol e fronte ao Hospital Novoa Santos. O Punto Limpo permanece aberto de luns a venres de 10 a 14 e de 17 a 19,30 horas e, os sábados, de 10 a 13 horas. Calquer veciño de Neda pode entregar os seus residuos acreditando o seu empadronamento a través da presentación do DNI.











