Os fortes ventos provocan caídas de árbores en varios puntos do Concello
A situación metereolóxica adversa que sufriu Galicia onte debido aos fortes ventos e chuvías procedentes do sur do país provocaron incidencias en varias vías do concello de Melide, solventadas pola coordinación conxunta entre Protección Civil e Policía Local de Melide e Bombeiros de Arzúa.
O aumento de precipitacións neste inverno tivo como consecuencia o abrandamento do terreo que cos fortes ventos provocaron a caída de árbores en diferentes puntos: estrada nacional 640 nas saida da vila dirección A Golada, na estrada CP-4603 que uneMelide con Visantoña, na ponte da Pedra e en Piñor.
Nos puntos anteriormente mencionados fíxose necesaria a intervención e coordinación entre Protección Civil, Polícia Local de Melide e Bombeiros de Arzúa para proceder a sinalización e a retirada de árbores.
Dende o a concellería de Seguridade Cidadá acónsellase aos cidadáns que nestos días de alerta por ventos forte e chuvía extremen as precaucións á hora de saír a rúa.











