Os escolares do CEIP Ramón Cabanillas pintaron a súa Semana Santa cun fin social

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+
Visita aos escolares

Visita aos escolares

Os rapaces animáronse a debuxar o que é para eles a nosa Semana Santa, dentro do programa Pinta o noso Ecce Homo, e a colaborar así cun fin social. Por cada un dos debuxos doarase unha cea á Cociña Económica, grazas ao ximnasio Esqulture, que financia esta acción.

Estes actos solidarios continuarán este venres, ás 12:00 horas, na praza das Praterías coa Percusionatta. A esa hora, os escolares irromperán na praza cos seus instrumentos improvisados para tocar todos xuntos e romper a hora ao estilo aragonés. Ao igual que na acción anterior, por cada neno que participe, doarase unha cea á Cociña Económica. Participarán no acto os concelleiros de Educación, María Castelao, e de Deportes, Adrián Varela.

Reunión co equipo directivo

María Castelao aproveitou a visita para reunirse co equipo directivo do CEIP Ramón Cabanillas e para coñecer as instalacións do centro. Continúa así coa rolda de contactos coas direccións dos centros escolares de Santiago iniciada dende a súa toma de posesión como concelleira de Educación.

21 de marzo de 2013 | 20:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.