publicidade hoxe

Os días 15, 16 e 17 vai a haber unha amplia gama de actividades para facer en Salceda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalSalceda de Caselas
A-
A+
Mostra da camelia

Mostra da camelia

A fin de semana do 15, 16 e 17 de marzo,Salceda contará cunha ampla oferta diaria de actividades, no que varias asociacións xunto co concello encargaranse de ofrecer un calendario de eventos que comezará o venres 15 coa festa Furancheira, que ten como escenario diversos locais
que abrirán ese día na parroquia de A Picoña, coa actuación da Cé Orquestra Pantasma a partires das 19:30 e o sábado dende as 18:00, acto organizado pola Asociación de Veciños Carballeira, colaborando o Concello de Salceda de Caselas e a Deputación.

O sábado 16 e domingo 17 o Mercasalceda instalarase na praza do Concello, dende as 10:00 ata as 20:30, onde os membros da Asociación de Comerciantesde Salceda (Acisa) terán o seu posto, ademáis a devesa recollerá a V Mostra de Artesanía.

A V Mostra da Camelia, terá lugar o 16 e 17 e conta con dúas actuacións os dous días, as 16:00 do sábado 16 terá lugar o acto inaugural coa actuación de Colectivo Xestal, e o domingo ás 19:00 poderemos presenciar a actuación de Os teimosos de Portugal, o Auditorio permanecerá aberto co obxecto de que os visitantespoidan visitar a mostra da Camelia. O Concello de Salceda, organizador do evento, quere agradecer a colaboración da “Asociación de Jubilados y Pensionistas de Salceda”, a “Asociación de Mulleres Rurais”, á “Sociaedad Española de la Camelia”, e a “Camelia Galicia”.

O domingo pola mañá terá lugar á VI Festa Gastronómica do Xabarín que organiza “A comisión de Festas da Virxe da Concepción” e que terá lugar no Torreiro de Santa María a partir das 12:00 da mañá, e terá lugar a III quedada BTT Xabarín 2013 organizada polo Clube Ciclista Aragonta, paratodas aquelas persoas interesadas en participar na quedada da BTT, poderán inscribirse a través de: www.clubeciclistaaragonta.blogspot.com.es”.

Loli Castiñeira, Concelleira de Turismo en Salceda, agradece a todos os colectivos, a súa implicación nos eventos que terán lugar en Salceda este fin de semana.”Salceda é un pobo dinámico con moita xuventude, e con colectivos que se implican e traballan arreo para ofrecer moitas
actividades dentro do noso Concello e, colaborando todos xuntos, podemos ofrecer unha gran variedade de actos para todas os veciños e veciñas de Salceda, así como tamén, para todas aquelas persoas que nos queiran visitar”. Dende a Concellaría de Turismo animamos a que este fin de Semana a xente se quede en Salceda.

12 de marzo de 2013 | 10:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.