Os campamentos As Pontes Divertido abren o seu prazo de inscrición para Semana Santa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs PontesLocal
A-
A+

O Concello de As Pontes ven de abrir o prazo para anotarse nunha nova edición dos seus campamentos de Semana Santa e que nesta edición levarán por título As Pontes Divertido.

Este programa, que se desenvolverá os días 25, 26 e 27 de marzo e 1 de abril, ofertará medio cento de prazas para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, que poderán disfrutar durante estes días de descanso de múltiples actividades lúdico-educativas nas depedencias do colexio de A Magdalena. Todo isto baixo a supervisión de monitores cualificados que se encargarán de impartir estes obradoiros entre as 09.00 e as 14.00 horas.

O departamento municipal de Servizos Sociais e o Centro de Información á Muller (CIM) encárganse, unha vez máis, da posta en marcha dun programa co que se busca a conciliación da vida familiar e a promoción laboral, sobre todo das mulleres e é que, durante a Semana Santa, moitos son os pais e nais que non gozan de vacacións e deben buscar unha alternativa para entreter aos seus pequenos e pequenas.

O prazo para anotarse rematará o 19 de marzo, sendo preciso entregar o folleto de inscrición e a documentación pertinente no Rexistro Xeral do Concello, de luns a venres, entre as 8.30 e as 14.00 horas ou os sábados de 10.00 a 12.30 horas.

No tocante ao prezo, a inscrición ten un custo de 10 euros por participante con descontos do 50% ás familias numerosas.

Asemade, terán preferencia, de darse máis solicitudes que prazas ofertadas, as familias monoparentais e aquelas familias cuios proxenitores acrediten estar a traballar durante este período de vacacións escolares.

Para obter máis información é posible telefonar ao departamento de Servizos Sociais no 981 44 10 08, en horario de 08.00 a 15.00 horas, ou ben consultar a web municipal no enderezo www.aspontes.com.

12 de marzo de 2013 | 17:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.