Os Bombeiros de Pontevedra ceden una bomba de auga do S. XIX á exposición do Salón do Libro

Bomba do S.XIX exposta
O Parque Municipal de Bombeiros de Pontevedra non quixo perder a oportunidade de participar no Salón do Libro de este ano e achegou todo un tesouro: Unha bomba de auga de 1818 que foi restaurada recentemente. A reliquia, que data de principios do século XIX é a mostra perfecta de cómo as máquinas e a evolución das tecnoloxías aportaron e facilitar os nosos medios de traballo en todos os eidos. Aínda que cumpría perfectamente a súa función de extracción e sustracción de agua en inundacións ou incendios conectada a mangueiras, as súas dimensións dificultaban o seu desprazamento. Ademais de pesada, non contaba con sistema de desprazamendo nin enganche para animais, así que eran os propios bombeiros os que tiraban por ela ata o lugar onde se precisara o seu servizo.
Se queredes contemplala, podédelo facer ata o día 23 inclusive, no horario habitual de apertura da Sala: de 17:00 a 20:30 polas tardes e tamén de 11:00 a 14:00 horas o sábado.











