Os bombeiros da Coruña móstranse na rúa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocalLocal Portada
A-
A+
Exhibición dos bombeiros

Dotación de bombeiros na rúa

A dotación completa do Servizo de Bombeiros permaneceu na mañá do sábado, en horario de 9 a 14 horas, no Cantón Grande, xunto ao Obelisco. A actividade denominada ‘Servizo de Bombeiros na rúa’ formaba parte dos actos programados con motivo da celebración do patrón do Corpo de Bombeiros.

A dotación, composta polos seguintes vehículos: un Bomba Urbana Pesada, un Autoescaleira e un Bomba Ama Pesada; atendeu dende alí as chamadas que se produciron durante esa franxa horaria, e onde se puido presenciar a dilixencia que toma ante unha saída de urxencia real.

11 de marzo de 2013 | 17:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.