Os bombeiros colaboran nos traballos para asegurar o Cuartel de San Fernando
O Concello de Lugo continúa cos traballos para garantir a seguridade das persoas que transitan nas inmediacións do Cuartel de San Fernando.
Os labores que leva a cabo o Concello ante a desidia da Consellería de Cultura, que segue sen asumir a súa responsabilidade de realizar os labores de conservación do inmoble no que tén previsto crear o Centro da romanización, teñen o obxectivo de retirar todos aqueles elementos dos teitos e fachadas do edificio que supoñen un risco para a seguridade das persoas.
Nos traballos, consistentes na retirada de todos os elementos do edificio que corren perigo de desplome, como as lousas que están soltas como os desconchados das paredes, o que representa un perigo para os cidaddáns, participan traballadores da Brigada de Vías e Obras do Concello que contan coa colaboración dos Bombeiros.











