Ordes abre o prazo do programa ‘Conciliar en Semana Santa será fácil e divertido’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrdes
A-
A+
Cativos participando na actividade

Cativos participando na actividade

O Concello de Ordes pon en marcha o seu programa ‘Conciliar en Semana Santa será fácil e divertido’. Unha iniciativa dirixida especialmente aos nenos e nenas residentes en Ordes e coa que se pretende conciliar a vida familiar e laboral durante os próximos días de asueto con motivo da celebración da Semana Santa. Concretamente o programa desenvolverase durante os días 25, 26, 27 de marzo e 1 de abril.

Nesta ocasión o Departamento de Cultura e Deporte ten previstos unha serie de actividades e obradoiros que se desenvolverán en horario matutino. Neles a creatividade o entretemento a diversión e o aprendizaje serán o denominador común. Co fin de facilitar a asistencia  e participación o Concello de Ordes porá un servizo gratuito de transporte para os nenos e nenas que residan nas parroquias.

Para anotarse basta con estar matriculado en Educación Infantil ou Primaria nalgún dos centros ubicados no municipio. A matrícula pódese formalizar no mesmo consistorio adxuntando á ficha de inscrición unha fotocopia do DNI ou do libro de familia, unha copia da tarxeta sanitaria, e un xustificante médico no caso de que o menor padeza algunha doenza. Cabe ter en conta que as prazas son limitadas, polo que as prazas iranse asignando por rigurosa orden de chegada.

5 de marzo de 2013 | 17:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.