Oito alumnas de Frades rematan as 200 horas teóricas dun curso de monitor de tempo libre

Participantes no curso
Un total de oito alumnas de Frades remataron as 200 horas de formación teórica do Curso de Monitor de Tempo Libre convocado polo Concello de Frades e homologado pola Xunta de Galicia. O alcalde de Frades, Roberto Rey, felicitounas polo seu esforzo e desexoulles o mellor para as 150 horas de formación práctica restantes, que iniciarán nos próximos días nunha entidade de tempo libre da provincia.
Roberto Rey destacou a importancia dunha boa formación nestes tempos de crise económica e salientou que, unha vez rematado o curso, estas veciñas estarán plenamente capacitadas para traballar en proxectos de tempo libre, con nenos e maiores, en campamentos, obradoiros, festas infantís, ocio para maiores, comedores escolares…
As 200 horas lectivas de fase teórica impartíronse de xeito intensivo todos os sábados dos últimos catro meses no centro multiusos do Concello de Frades. O curso complementarase agora cunha fase práctica de 14 días de actividade nun campamento ou 150 horas nunha entidade de tempo libre. Unha vez rematada a formación, os alumnos poderán deseñar, programar, pór en práctica e avaliar actividades socioculturais e para o tempo libre para a infancia, a xuventude, as persoas maiores e persoas con necesidades especiais.











