Obradoiros e ludoteca na Feira do Lázaro 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalVerín
A-
A+

Co fin de converter a Feira do Lázaro nun evento completo con actividades destinadas para todos os públicos, o Pavillón de Deportes será o escenario, durante os días 16 e 17 de marzo, da realización de obradoiros para nenos/as.

Na xornada do sábado, os/as máis pequenos/as poderán participar en actividades de maquillaxe infantil, de 11.30 a 14 horas, e obradoiros de ecoloxía, reciclaxe, bonecas e monicreques, a partir das 17 horas. Mentres que o domingo, desde as 10 ás 14 horas, realizaranse contacontos; e pola tarde, de 18 a 20 horas, manualidades, obradoiros de cociña infantil, maquillaxe facial con aerógrafo e tatuaxes.

Por outra banda, o sábado 16 de marzo, ás 19 horas, terá lugar un espectáculo de grupos de baile e acrosport infantil. Ademais ambos días, e durante o horario de mañá e de tarde estará dispoñible un servizo de ludoteca para que os pais e nais poidan gozar da feira, mentres os cativos/as tamén se divirten, que nesta edición estará situada no ximnasio do propio Pavillón de Deportes.

Este evento está organizado polo Concello de Verín e patrocinado por: Eurocidade Chaves-Verín, Plan de Competitividade Puertas de Galicia, Inorde, Deputación Provincial, Xunta de Galicia, Gadis, Cabreiroá, Construcciones  Hnos. Carrajo, D.O. Monterrei, Saroni, Socitransa, Parador de Turismo de Verín, Pirotecnia Xaraiva, La Caixa, Caja Rural de Zamora, Estradas Galegas SL, Espina & Delfín, Aopil SL, Esinor, AEVER-CCU Verín (Asociación de Empresarios de Verín-Centro Comercial Urbano Verín) e AEHCOM.

7 de marzo de 2013 | 12:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.