publicidade hoxe

Obradoiro de técnicas de busca de emprego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMugardos
A-
A+

A Concellería de Facenda, Patrimonio, Promoción Económica, Formación, e Emprego vai poñer en marcha un  Obradoiro de Técnicas de Busca de Emprego , dirixido  ás persoas en situación de desemprego.

Terá unha duración total de 20 horas lectivas. Os obxectivos  do obradoiro son, por un lado coñecer as diferentes técnicas de busca de emprego e a súa adecuada utilización para acadar un posto de traballo e, por outro lado, coñecer as diferentes ferramentas e/ou instrumentos que se empregan para levar a cabo unha busca de emprego efectiva e que proporcione uns resultados óptimos no mercado laboral.

O obradoiro impartirase no centro de formación “Francisco Vizoso” en horario de mañá, a partir do 10 de abril.

As persoas interesadas en realizar o obradoiro poderán inscribirse no Departamento de Emprego do Concello de Mugardos , en horario de 9:00 h a 14:00 h, dende o día 18 de marzo ata o 5 de abril.

Para máis información poden chamar ó teléfono 981 470 338 (Ext. 9 e Ext.8) Ou consultar a páxina web do concello www.concellodemugardos.org.

15 de marzo de 2013 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.