O teatro Jofre acolle a obra “Ni para ti, ni para mi”, con Miriam Díaz-Aroca e Belinda Washington

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrolLocal
A-
A+

As actrices Miriam Díaz-Aroca y Belinda Washington subirán este sábado 23 ao escenario do Teatro Jofre de Ferrol para representar a obra “Ni para ti, ni para mi” escrita e dirixida por Juan Luis Iborra. A representación dará comezo ás 20:30 horas e as entradas poden ser adquiridas a través de internet, na páxina web oficial do Concello de Ferrol: www.ferrol.es (no apartado de Axenda Cultural); e no propio  despacho do teatro municipal.

A obra teatral enmarcase dentro da programación cultural da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, dirixida por Manuel Reyes García Hurtado. A comedia conta a vida de dúas viúvas. No tanatorio, cando van recoller as cinzas, descobren que non só comparten a pena por perder o seu marido, senón que, ademais, o defunto é o mesmo: estiveron casadas co mesmo home e só hai un quilo de cinzas a repartir entre as dúas. A pena convértese en rabia e fracaso e mentres unha quere descubrir que ten a outra que non tivese ela, a outra quere esquecer todo canto antes e pasar páxina. Pero non lles vai ser doado, xa que o defunto gardaba unha nova sorpresa.

21 de marzo de 2013 | 19:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.