O servizo de reparación de viarios de Ferrol segue traballando nas rúas da Magdalena
Os operarios do servizo de Reparacións, Obras e Mantemento de viarios do Concello de Ferrol, que corre a cargo da empresa “Misturas S.A”, traballan dende o pasado luns no arranxo de baldosas das rúas do barrio da Magdalena. Estas tarefas coinciden co desenvolvemento do Plan de Barrios no centro histórico da cidade, e foron programadas, ademais, tendo en contra a próxima celebración dos pasos procesionais da Semana Santa.
En concreto, na xornada de hoxe, as brigadas da firma adxudicataria do servizo de conservación de viarios teñen programada a realización de tarefas de reparación de baldosas na rúa Magdalena e rúa Arce; e continuarán cos traballos xa iniciados na rúa Dolores.











