O Servizo de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do “boletín familiar”
O Servizo de Prevención de Drogodependencias ven de editar un novo número do Boletín Familiar, que leva por título:
Educación Emocional dende a Familia
¿Por qué hai que educar as emocións?
Neste boletín tratamos o tema de como poden influir na nosa vida as distintas emocións.
Os que tedes fillos en idade escolar recibirédelo a través da escola pero se non é o caso e tedes interese en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte.
Para mais información:
Unidade Asistencial de Drogodependencias
Otero Pedrayo s/n MONFORTE DE LEMOS (LUGO)
Tlf. 982 40 04 95
e-mail:uadmonforte@yahoo.es











