O punto de encontro familiar de “A Carón” en Ferrol atendeu a 147 persoas en 2012
A Asociación Punto de Encontro “A Carón”, entidade coa que colabora a Concellería de Benestar Social do Concello de Ferrol, puxo en marcha o pasado 25 de febreiro a Escola de Pais e Nais 2013 nos locais que ten na cidade naval. Esta actividade desenvolvese en dous grupos que son heteroxéneos -custodios e non custodios-, para un maior enriquecemento; realizando seis sesións para cada un deles -doce en total-. Os participantes de cada grupo foron seleccionados polos profesionais do Punto de Encontro, tendo en conta as problemáticas específica das familias. As sesións realizanse dúas veces ao mes; sendo as próximas fixadas para o 18 e 20 de marzo. O taller continuará até o vindeiro mes de xullo.
A Escola busca organizar de forma sistemática accións para a formación de un grupo de nais e pais, baseadas fundamental no diálogo e na reflexión compartida. A entidade “A Carón” destaca “a labor no ámbito da mediación familiar, nun espazo neutral que facilita o mantemento das relacións entre os/as nenos/as e as súas familias, cando unha situación de separación ou divorcio, acollemento familiar ou outros supostos de ruptura da convivencia familiar interrompen o dereito das visitas, xera conflito ou é de difícil cumprimento”. Por iso na asociación valoran a necesidades de orientar e asesorar aos pais/nais, titores/as na difícil tarefa de educar aos menos a cargo.
Neste proxecto desenvolveranse diferentes módulos: como explicar a ruptura aos menores, o papel da familia na separación, impacto da mesma nos fillos/as, adaptación aos dous fogares, tipos de custodia, réxime de visitas… Nos que se buscará que os pais/nais adquiran habilidades específicas das que carecen. Os obxectivos son “favorecer unha maior toma de conciencia da responsabilidade que os pais/nais teñen como educadores/as e crear un espazo de información, reflexión e orientación”.
Por outra banda, o número de familias atendidas neste Punto de Encontro durante o pasado ano de 2012 foi de 147 -63 delas residentes no Concello de Ferrol-, sen embargo, o computo de usuarios do centro é maior. A cidade naval é unha das sete nas que “A Carón” ten aberto este servizo de intervención e mediación familiar. Cómpre lembrar que o pasado 15 de novembro, o alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, asinaba un convenio con “A Carón” para o funcionamento do Punto de Encontro e o desenvolvemento de actividades como a Escola de Pais e Nais. O montante do convenio é de 2.400 euros.











