O programa municipal Lesme un conto? céntrase mañá no Día Mundial da Poesía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNeda
A-
A+

O Concello de Neda invita a nenos e maiores a par-ticipar mañá mércores, 20 de marzo, nunha nova sesión do programa cultural “Lesme un conto?”. Celebrarase como de costume na Biblioteca Municipal da localidade, a partires das seis da tarde, e, nesta ocasión, virá marcado pola cele-bración do Día Mundial da Poesía. Así, a concelleira de Cultura e Educación, Eva Olmo, explicou que por tal motivo a sesión de mañá contará cun convidado de luxo: o poeta local Xoán García. Xunto a el, nenos e maiores lerán contos e poe-mas infantís escritos polo autor nedense.

“Lesme un conto?” é un proxecto de animación á lectura e achegamento ao cen-tro municipal dirixido ás familias que se vén celebrando dende o mes de novem-bro cun notable éxito de participación. No mesmo, persoal propio do departa-mento municipal de Cultura, así como nais, pais e avós contan-len diferentes na-rracións infantís para os seus fillos e fillas. Trátase de que os nenos e as nenas vexan e escoiten que os contos están nos libros e lles apeteza así leelos ou que llos lean. Tras estas “lecturas compartidas”, os máis pequenos da casa pasarán un rato lendo cos seus familiares e volverán a seleccionar aqueles libros que des-exen levar á casa.

19 de marzo de 2013 | 11:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.