O programa municipal Lesme un conto? centra a súa temática no Día da Muller

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNeda
A-
A+

O Concello de Neda invita a nenos e maiores a participar mañá mércores, 6 de marzo, nunha nova sesión do programa cultural “Lesme un conto?”. Celebrarase como de costume na Biblioteca Municipal da localidade, a partires das seis da tarde e, nesta ocasión, terá moi en conta o Día Internacional da Muller. Segundo explicou a concelleira de Cultura e Educación, Eva Olmo, os participantes poderán desfrutar de seis narracións infantís con mulleres, rapazas ou nenas como protagonistas.

“Lesme un conto?” é un proxecto de animación á lectura e achegamento ao centro municipal dirixido ás familias que se vén celebrando dende o mes de novembro cun notable éxito de participación. No mesmo, persoal propio do departamento municipal de Cultura, así como nais, pais e avós contan leen diferentes narracións infantís para os seus fillos e fillas. Trátase de que os nenos e as nenas vexan e escoiten que os contos están nos libros e lles apeteza así leelos ou que llos lean. Tras estas “lecturas compartidas”, os máis pequenos da casa pasarán un rato lendo cos seus familiares e volverán a seleccionar aqueles libros que desexen levar á casa.

5 de marzo de 2013 | 16:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.