O POS 2013 permitirá mellorar dúas pistas no Freixo e o alumeado no Rego do Muíño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs PontesLocal
A-
A+

O Concello de As Pontes deu hoxe luz verde, en sesión plenaria, a un novo proxecto a realizar con cargo ao Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación da Coruña para o exercizo actual. Trátase do aglomerado, na súa primeira fase, da pista de acceso á capela de Pena de Francia, e a primeira fase da pista de A Rega que conecta As Pontes con Ourol. Asemesmo tamén foi aprobada a colocación de novo alumeado no Rego do Muíño, continuando co xa renovado na Avenida de Galicia.

Estes proxectos, que suporán unha inversión de 55.844 euros, súmanse a outros 500.000 aprobados recentemente polo Pleno da Corporación a proposta do goberno municipal que adicará a totalidade do importe outorgado pola Deputación a inversión, malia que as bases deste plan recollían a posibilide de adicalo ao gasto corrente.

Polo tanto o POS 2013 inclúe os seguintes proxectos: Creación do primeiro portal de acceso ao Lago desde Saa; Melllora de servizos e pavimentos no Poboado da Fraga (II Fase); Mellora de pavimentos e alumeado no Barreiro (Fase II); Mellora de pavimentos e alumeado na rúa Ramón Cabanillas; Pavimentación dos viais de Roidiz, A Faeira, A Cruz, Pedrafita (Fase II) e A Cabana e, o proxecto aprobado esta mañá: o aglomerado das pistas de A Rega e Pena de Francia, e finalmente alumeado no Rego do Muíño.

Esta obra sustituirá á construcción do servizo de abastecemento de auga potable a Chao de Arriba e Abaixo, Subseixo e Turrilón, no Freixo, e á creación da rede de sumidoiros na rúa Areosa ao non tratarse de terreos de propiedade municipal, polo que non poderán ser acometidos con fondos provinciais. Nembargantes, o que sí que se manterá será a inversión nestas zonas, de ahí que se escollesen diferentes obras que afecten ao Rego do Muíño e á parroquia do Freixo, aínda que tal e como anunciou o alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, o proxecto eliminado será acometido con fondos municipais.

Por unanimidade se aprobaba este cambio ao igual que o segundo punto da sesión, no que se debatía unha moción sobre o Plan Miner presentada polo Bloque Nacionalista Galego, na que demandaban a inclusión do Ministerio de Industria na listaxe de debedores do Concello de As Pontes.

No texto, a formación frontista facía un amplo desglose dos diferentes proxectos a acometer cos fondos Miner en As Pontes e que suporán un desembolso de 55 millóns de euros dos que, a día de hoxe, segundo denunciou o BNG, non se recibiu nin un euro, nin se recibirá ao longo do ano xa que os orzamentos estatais para o 2013 non incluen máis que 44 millóns de euros dos fondos Miner para toda España.

Dende o executivo local deron conta do seu respaldo a esta demanda aínda que con cambios no texto xa que, segundo explicou o edil de Xestión Orzamentaria, Antonio Alonso, non é posible tildar de deudor ao Ministerio de Industria neste aspecto ao non tratarse de débedas líquidas e vencibles, polo que os Servizos Técnicos de Intervención do Concello non aprobarían esta medida.

De feito, dende o equipo de goberno, a concelleira de Emprego, Ana Pena, explicou que o que se está a facer é empregar os medios da Asociación de Municipios Mineiros (ACOM) da que xa forma parte As Pontes, para demandar estas débedas do Estado cos concellos nesta situación e anunciou que o vindeiro día 21 terá lugar un encontro co Secretario de Estado da Enerxía para abordar este tema.

Dende o BNG tamén demandaron toda a documentación en relación ao Plan Miner 2006-2012, dende as actas dos encontros da Mesa da Minería ata os proxectos que se realizarán con estes cartos ata os escritos municipais remitidos ao Ministerio de Industria, petición á que se sumaron dende Compromiso por Galicia, que tamén demandou a convocatoria dunha comisión ao respecto para a vindeira semana.

Cos votos a favor de todos os edís presentes saíu adiante este texto coa modificación do punto primeiro, como plantexou o equipo de goberno.

4 de marzo de 2013 | 18:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.