O polideportivo de Esteiro acollerá o XXVI Torneo de Semana Santa de Minibasket 3×3
A Concellería de Deportes do Concello de Ferrol e o Club Universitario de Ferrol, coa colaboración da delegación Ferrolá de Baloncesto, organizan un ano máis o “Torneo de Semana Santa de Minisbasket 3×3”, que este ano chega a súa vixésimo sexta edición. A edil Susana Martínez Galdós e o presidente do Universitario Ferrol, Leopoldo Ibañez, presentaron hoxe este evento deportivo que se celebrará os días 25 e 26 a partir das 10:30 horas no polideportivo municipal de Esteiro.
A competición está aberta a todos os nenos/as nacidos dos anos 2001 a 2004. Neste torneo poderán apuntarse un máximo de 32 equipos formados por xogadores e xogadoras alevíns e benxamíns, e que estarán enmarcados en catro categorías segundo os anos de nacemento, co obxectivo de igualar o torneo. A inscrición poderase realizar ata mañá venres ata encher as prazas ofertadas. Deste feito, o presidente do Universitario Ferrol sinalou que “onte pola noite había 22 equipos inscritos”.
Por último, Martínez Galdós, quixo felicitar ao CB Universitario “pola súa labor ao longo do ano e a todos os niveis”











