O pleno extraordinario sobre o PXOM celebrarase o mércores día 27 de marzo
O Alcalde anuncia que a celebración do pleno extraordinario sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal, solicitado por once asociacións monfortinas, celebrarase o mércores día 27 de marzo ás 20:00 horas.
Severino Rodríguez, que se comprometera cos representantes das asociacións a celebrar o pleno antes do Xoves Santo, decidiu a data do día 27 despois de consultar as axendas do resto dos voceiros/as dos grupos da Corporación Municipal.











