O Plan RUA actuará na segunda fase de Elviña os próximos seis días

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

O Concello da Coruña informa de que dende hoxe luns, 4 de marzo, e ata o próximo sábado día 9, o Plan RUA realizará unha actuación integral no barrio de Elviña 2º fase. Durante os próximos seis días, esta iniciativa chegará a un total de 61.177 metros cadrados e a unha vintena de rúas e prazas da zona.

Neste barrio realizaranse distintas actuacións, entre as que se inclúen a limpeza e reparación de 250 colectores e a reposisicón doutros 2; limpeza e reparación de 90 papeleiras; limpeza e mantemento de 1.000 metros lineais da rede de rede de sumidoiros, 50 pozos e 70 sumidoiros; colocación de 190 cebos en 135 arquetas para labores de desaratización; reparación de deficienias da iluminación pública; mantenimento de semáforos, seis marquesiñas e pintado de 8 pasos de peóns e sinalización horizontal; ademais de mantemento de zonas verdes e a presenza do punto limpo móbil. Na última semana, o Goberno local xa solucionou incidencias nas beirarrúas e reparáronse 80 metros cadrados de baldosas. Participarán un total de 30 servizos municipais para conseguir espazos máis limpos, sostibles e ordenados coa colaboración dos veciños.

O Plan RUA permanecerá neste barrio ata o próximo 9 de marzo, co que a primeira fase do Plan RUA 2013 terá finalizado, tras 40 días de actividade, para retomar os traballos o próximo 1 de abril na zona do Ensanche.

4 de marzo de 2013 | 11:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.