O plan de traballo do servicio de reparación de viarios de Ferrol céntrase en Esteiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

Os operarios do servizo municipal de Obras, Reparación e Mantmento de Viarios do Concello de Ferrol, que realiza a empresa “Misturas S.A”, iniciou hoxe a semana de actuacións con traballos de aglomerado e reparación de baldosas e beirrarúas na zona de Esteiro. En concreto, a previsión de tarefas para a xornada de hoxe encomendada e en función dos criterios de urxencia e seguridade viaria establecidos polos técnicos municipais é a seguinte:

– Actuacións de aglomerado: Rúa Españoleto con Mac Mahón e Españoleto con Soto e Eduardo Pondal; e Fernando VI.

– Actuacións en baldosas con continuidade dos traballos en: avenida de Esteiro e rúa Españoleto.

4 de marzo de 2013 | 17:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.