O Museo Liste presenta unha exposición sobre a Semana Santa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalVigo
A-
A+

O Museo Liste de Vigo alberga ata o vindeiro 30 de marzo unha pequena mostra de figurados portugueses de temática relacionada coa Semana Santa baixo o nome “A paixón segundo Barcelos”.

Trátase de pezas pertencentes á colección privada de D. Liquen Losada e que configuran unha ampla visión do artesanato de Barcelos (Portugal), un dos máis ricos e variados.

Na mostra están representados artesáns de figurado tan recoñecidos como a familia Baraça, a familia Misterio e Manuel Macedo, entre outros.

Data: ata o 30 de marzo.
Lugar: Sala Didáctica “O devir das Estacións” do Museo Liste.
Entrada gratuíta.

25 de marzo de 2013 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.