O mes que ven comenza no CDL de Mos o curso preparatorio das probas Celga 3
O Concello de Mos, vai a desenvolver durante o mes de abril e maio un curso preparatorio para as probas do nivel Celga 3, convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Estas probas terán lugar o día 2 de xuño en Vigo. Dito curso foi concedido pola Secretaría xeral ao Concello de Mos, adherido á Rede de Dinamización Lingüística dende o ano 2011, cuxo obxectivo é o de promover a coordinación das actuacións en materia de dinamización lingüística e de aumentar a efectividade das mesmas desde o ámbito local.
O inicio do curso está previsto para o día 1 de abril, no Centro de Desenvolvemento Local de Mos, de 19:00 a 21:00 horas de luns a xoves. O curso terá unha duración de 70 horas, e é preparatorio das probas do Celga 3, é dicir, non da dereito a diploma, e polo tanto non certifica o coñecemento do galego nese nivel, pero sí prepara ás persoas interesadas para a presentación ás probas de nivel Celga. Para a obtención da certificación correspondente ao nivel deberán matricularse para esas probas. Poden obter os formularios de matrícula a través da web http://www.xunta.es/linguagalega, ou nas oficinas do CDL.
Tódolos interesados e interesadas poden inscribirse no curso. Para elo, deben achegarse ao Centro de Desenvolvemento Local do Concello (CDL) ou ben inscribirse no espazo habilitado ao efecto na páxina web do Concello www.mos.es antes do día 22 de marzo.











