O Jofre acollerá o domingo o “III Certame de Bandas”
O “III Certame de Bandas” será este domingo, día 17, ás 19:00 horas no Teatro Jofre. O acto que contará coa asistencia do alcalde da cidade naval, Jose Manuel Rey Varela, é un dos acontecementos previos ao inicio da Semana Santa Ferrolá. As entradas serán mediante invitación e se poden retirar, até esgotar localidades, nas Confrarías da Semana Santa, nas sedes das bandas participantes ou no propio despacho do teatro municipal.
O festival contará con catro bandas: Agarimo, Ferrol, O.J.E. e Acotaga. O acto organizado pola Coordinadora de Confrarías terá unha duración aproximada de dúas horas.











