O Jofre acolle a obra teatral “El show de Kafka”, protagonizada por Luisa Martín
A actriz madrileña Luisa Martín subirá este sábado, día 9, ao escenario do Teatro Jofre de Ferrol para representar a obra “El show de Kafka” baixo a dirección de Juan Carlos Pérez de la Fuente. A función dará comezo ás 20.30 e as entradas pódense adquirir a través da páxina web oficial do Concello: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural) ou no despacho do Jofre.
A obra teatral está enmarcada dentro da programación cultural da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, dirixida por Manuel Reyes García Hurtado. A peza é unha versión libre do “Informe para una Academia”, relato de Franz Kafka, a cargo de Ignacio García May e interpretada por Luisa Martín. A historia céntrase nunha chimpancé de nome Ela, nada nunha humilde familia de simios da Costa de Ouro que chega a converterse nunha estrela mediática. A gañadora do Premio Darwin da Academia convertese nun modelo a seguir, non só para as demais simias, senón tamén para millóns de mozos que, por todas partes imitan o seu look e as súas maneiras.











