O IES Carlos Oroza colabora coa Redeaxuda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

A concelleira de Benestar Social Municipal, Carmen Fouces recolleu este mediodía os donativos do Instituto Carlos Oroza para a Redeaxuda. Tratouse dunha iniciativa dos estudantes de Turismo e Protocolo que organizaron unha práctica, consistente nunha gala benéfica, na se entregaron donativos (productos e material escolar) que tiveron como destino Redeaxuda.

A concelleira Carmen Fouces xa asistiu no seu día á presentación desta práctica, e esta mañá dirixiuse ao centro a recoller os donativos para
Redeaxuda. Recibiuse dunha gran cantidade de productos tanto envasados como frescos, e material escolar, que desbordaron, incluso, ás previsións municipais.

Os productos frescos xa foron entregados ao Comedor de San Francisco, mentres que o resto foron trasladados á Casa Azul para ser repartidos nos vindeiros días entre as asociacións integrantes de Redeaxuda.

21 de marzo de 2013 | 18:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.