publicidade hoxe

O GRUMIR finaliza o seu contrato no Concello de Salceda de Caselas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSalceda de Caselas
A-
A+
Membros do equipo do Grumir

Membros do equipo do Grumir

O pasado 28 de febreiro finalizou o contrato do Grupo de Intervención Rápida (GRUMI) no concello de Salceda de Caselas, despois dunha cobertura do servizo de 6 meses onde densenvolveron unha laboura primordial e de elevada importancia dentro do Concello, estando as
24 h do día dispoñibles ante a posibilidade de intervir ante calquer emerxencia.

Este grupo destaca pola súa versatilidade ante diversos traballos a desenvolver entre os que, ademáis de atención a inundacións, intervención en extición de incendios, labouras silvícolas de emerxencia, asistencia en accidentes, así coma as labouras silvícolas de prevención de incendios, de control de seguridade cidadán en actos lúdicos e sociais, control do tráfico para determinados actos, entre outros.

A súa grande laboura en defensa da seguridade dos nosos 8835 veciños e veciñas de Salceda é para nos imprescindible contar co servizo deste colectivo de traballadores, para o cal xa presentamos as alegacións para evitar a súa desaparición ante a FEGAMP o 15 de Xaneiro do 2013.
Despois de 25 anos de existencia dos grupos do GRUMIR, cunha laboura de gran eficacia nos servizos que brindan á cidadanía, o Goberno de Salceda de Caselas, lamenta a súa desaparición que ven vencellada ao sistema de recurtes do Goberno Central e Autonómico.

Fortunato Álvarez, concelleiro de vías e obras “lamenta que os veciños de Salceda non poidan ter unha cobertura plena ante calquer incidente, quedando o servizo de emerxencia á cidadanía deficitario, crítico cando a vida das persoas depende deste tipo de servizo. É un recorte máis de cara aos servizos prioritarios e importantes que se deberían de manter, se hai que recortar hai campos abertos que non inciden directamente no benestar e na atención das persoas”.

8 de marzo de 2013 | 13:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.