O goberno municipal apoiará a petición veciñal e votará a favor de retirar o PXOM
O Alcalde e o equipo de goberno de Monforte fan pública a súa postura respecto da petición veciñal de retirar o proxecto de Plan Xeral de Ordenación Municipal.
O goberno votará a favor da proposta de retirar o proxecto de Plan Xeral realizada por once asociacións que solicitaron a celebración dun pleno extraordinario.
Conscientes da necesidade de que Monforte conte cun Plan Xeral, pero diante da falta de consenso entre a cidadanía e do rexeitamento que provoca o actual proxecto de PXOM, o Alcalde e o seu goberno votarán a favor da retirada do Plan porque, segundo manifestaron dende un principio, “sempre prevalecerá o sentir maioritario dos veciños e veciñas de Monforte”.











