O filme «A condesa rebelde: Emilia Pardo Bazán» inicia os actos do Día Internacional da Muller

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalOleiros
A-
A+

Mañá 7 de marzo ás 20:00 horas, dentro do programa de actos que o Concello de Oleiros organiza para conmemorar o Día Internacional da Muller, emitirase na Fábrica a película A condesa rebelde: Emilia Pardo Bazán. A película será presentada pola produtora e directora, Zaza Ceballos, quen antes da proxección fará unha intervención sobre a vida de Emilia Pardo Bazán e Concepción Arenal, á vez que explicará os motivos desta produción. O filme, que está previsto que comece ás 20.30 horas, trata a vida da intelectual galega e indaga nos seus escándalos vitais e na súa faceta como catedrática, xornalista e ideóloga do feminismo. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Así mesmo, o venres 8 marzo ás 21:00 horas, tamén no auditorio do centro cultural A Fábrica, terá lugar o concerto do coro Sisters in the House, un coro feminino dirixido por Carmen Rey e Ángeles Dorrio, dúas artistas ben coñecidas no panorama galego e conta nas súas filas con moitas intérpretes solistas en diversas formacións que se unen nesta ocasión para cantar temas soul e funky.

6 de marzo de 2013 | 17:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.