O Cuncaconto de UG no Concello de Oleiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalOleiros
A-
A+

Enmarcada dentro dos actos de celebración da segunda edición dos Días Europeos da Artesanía, que terá lugar entre os días 5 e 7 de abril de 2013, o departamento de cultura organiza un “CuncaConto”, unha actividade que mestura a cerámica e a educación social e que tamén permitirá aos asistentes visitar o Museo Os Oleiros.

O CuncaConto de UG é un obradoiro que mestura unha historia e un obradoiro cerámico no que se transmiten coñecementos, se traballa coas mans e se exercitan os procesos de expresión artística creativa. A ceramista Susana González Amado e a educadora social Belén Fernández Fernández colaboran neste proxecto para traballar a expresión das emocións e a comunicación. Ao finalizar o obradoiro as persoas participantes terán a oportunidade de visitar a colección de olería que recolle o Museo “Os Oleiros” de Santa Cruz. Unha colección de máis de 3000 pezas de Jose Mª Kaideda.

Contido

Se comeza ca narración dun conto que inspirará un obradoiro práctico, no que dende a cerámica se tratan as emocións, a comunicación, e o concepto de PATRIMONIO. Nunha segunda sesión se realizan diferentes dinámicas para profundizar nestes contidos dende a educación emocional. Por último as persoas participantes terán oportunidade de facer unha breve visita guiada no Museo Os Oleiros.

Prazas limitadas: 15 participantes.

Destinatarios: nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos. Os pais poden compartir a experiencia. (É convinte levar un mandilón).

Duración aproximada da actividade: 2 horas

Máis información e inscricións no departamento de Cultura e no tfno: 981 610 000

Días Europeos da Artesanía

A celebración dos Días Europeos da Artesanía nace co obxetivo de achegar o público o mundo do patrimonio e da creación, mediante unha oferta de actividades para todos os públicos entorno ao sector da artesanía. Fundesarte, a Fundación Española para la Innovación de la Artesanía, é a entidade encargada de promover esta iniciativa en España.

25 de marzo de 2013 | 13:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.