O concurso do servizo de limpeza dá un paso adiante coa apertura das ofertas económicas
O concurso público convocado polo Concello para contratar o servizo de limpeza de instalacións dependentes do Concello deu un paso adiante esta mañá, coa celebración do acto de apertura dos sobres que conteñen as ofertas económicas realizadas pola empresas que optan a prestar este servizo municipal. O acto tivo lugar no salón de plenos do Concello, en presencia das empresas que optan á adxudicación.
As ofertas serán agora valoradas pola mesa de contratación do concurso que, á vista das mesmas, máis as valoracións das ofertas técnicas, realizará unha proposta de adxudicación do contrato á empresa que presente a oferta máis vantaxosa para os intereses do Concello, de acordo co pliego de condicións do concurso, publicado no Boletín Oficial do Estado de día 29 de setembro de 2012 e no Diario Oficial da Unión Europea de 19/09/12.
Optan ao concurso un total de 13 empresas. As súas ofertas económicas foron as seguintes:
ACCIONA FACILITIES SERVICES, S.A.
EULEN, S.A.
PROCEDIMIENTO DE ASEO URBANO PAU, S.A.
S.G. FERPESA, S.L.
ÉLITE GALLEGA, S.L.
FERROSER SERVICIOS AUXILIARES, S.A.
INSTITUTO DE GESTIÓN SANITARIA (INGESÁN)
LIMPIEZAS, AJARDINAMIENTOS Y SERVICIOS, SERALIA, S.A.
LIMPIEZAS DEL NOROESTE SAU (LINORSA)
CLECE S.A.
LACERA SERVICIOS Y MANTENIMIENTO, S.A.
SERVICIOS AUXILIARES DE MANTENIMIENTO Y LIMPIEZA S.L. (SAMYL, S.L.)
VALORIZA FACILITIES, S.A.U.
O contrato ten un orzamento de 914.572 euros, IVE incluido, ao ano. O contrato inclúe as diferentes dependencias municipais, preto dun cento de inmobles e espazos diferentes: Casa do Concello, oficinas das diferentes servizos municipais, bibliotecas, cemiterios, rede de centros cívicos, unidades de servizos sociais, garderías, entre outros.
A valoración das ofertas técnicas pódese consultar no perfil do contratante da páxina web do Concello de Ourense, na dirección https://www.ourense.es/portalOurense/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_5140_4.pdf. Na web municipal tamén se pode consultar o expediente do pliego.











