O concurso de grupos emerxentes do Festival Ortigueira pecha o seu prazo para participar
Última oportunidade para os novos valores do folk que queiran participar no Festival Ortigueira 2013. En só unha semana péchase o prazo para oficializar a participación no Proxecto Runas, de apoio ás novas bandas da música celta internacional. As tres mellores formacións competirán en directo durante a próxima edición do certame, que se celebra do 11 ao 14 de xullo, por conseguir unha praza segura no cartel do ano 2014.
Para participar, os grupos teñen que facer chegar á organización os seus cinco mellores temas propios en MP3; un breve informe informativo, imaxes e a documentación de inscrición que pode descargarse na web. O sistema, a través da dirección electrónica runas.festival@concellodeortigueira.com ou por correo ordinario ao Festival Internacional do Mundo Celta- Proxecto Runas-Praza Isabel II s/n 15330 Ortigueira, ata o 1 de abril.
Ao igual que nos últimos anos, o Runas está aberto a bandas de calquera procedencia, sempre que non se clasificasen para a final das anteriores edicións deste concurso e teñan un repertorio mínimo dunha hora de duración.
A partir do 11 de abril, tras unha primeira selección a cargo dun comité técnico, os que visiten a web oficial do festival (www.festivaldeortigueira.com) poderán escoitar e votar por aquel grupo que consideren que debe chegar á final. O voto dos internautas sumarase, como un máis, ao emitido polos membros dun xurado, integrado por axentes musicais, artistas e técnicos, decidindo que tres bandas competirán en directo por coarse no cartel do escenario principal do ano 2014, embolsándose por esa actuación 2.500 euros.











