Monforte súmase á celebración do Día Forestal Mundial
O concello de Monforte, coa colaboración dos colexios e dos IES da cidade, unirase un ano máis á celebración do Día Forestal Mundial que se conmemora este xoves día 21 de marzo.
A concellería de Medio Ambiente promoverá a plantación de 17 árbores de diversas especies por parte do alumnado dos centros educativos de primaria e secundaria de Monforte entre os días 20 e 22 de marzo.
Nas plantacións participarán alumnos/as dos colexios e persoal do departamento de medio ambiente que lles explicará as características de cada árbore, a maneira de realizar a plantación e os beneficios que aporta para o medio ambiente e para a sociedade.
Os días, horarios, e as especies que se plantarán son as seguintes:
Día 20 de marzo (mércores)
Alumnado do IES A Pinguela plantará nogueiras (Junglans Regia) na capela de San Lázaro ás 12:45 horas.
Día 21de marzo (xoves)
Rapaces e rapazas dos colexios Ferroviario, Torre de Lemos e CEIP Monforte, plantarán pradairos (Hacer Pseudoplatanus ), ameneiros (Alnus Glutinosa ) e ligustrum (Aligustre Japonicum) na área de autocaravanas situada tras o edificio Multiusos ás 11:0 horas.
Alumnado de A Gándara e do a Infanta Elena plantarán cerdeiras (Prunus Avium) nos seus propios centros ás 12:15 e ás 13:15horas, respectivamente.
Escolares dos Escolapios plantarán robles americanos (Quercus Rubra) ás 12:30 no parque dos Condes.
Día 22 de marzo (venres)
Os IES Río Cabe e Daviña Rey plantarán ligustrum (Aligustre Japonicum) na área de autocaravanaslas ás 12.30 horas











